O Comité de saúde pública do GdeB
Xose Manuel Baltar Blanco, máis coñecido como "Baltarín" ven de saltar os terreos da columna periodística da man de "A nosa terra",  ( que non !... que xa non só escriben vellos comunistas e "upegallos"), unha nova faceta para o fillo do home do renacemento, todo un home feito a sí mesmo, que comparte agora con todos nos as súas ideas e propostas máis alá do seu famoso "blog"...aiii ! Que redondiño, que moreniño ea vez que cores, frito ou asado ten que estar boísimo !
A cuestión polémica está no seu derradeiro artigo, no que non sabemos si Baltar "junior" comparte ideas co Galpón de Breogán, ou si trataríase de un de tantos fans que imita os seus ídolos; co que o seu Comité de saúde pública se ve obligado a intervir, debido os correos que recibimos nos que dan por feito que Baltar Blanco, é o famoso sexto compoñente do Galpón, vexamos agora as coincidencias (que son só eso !) cos derradeiros "post" do Galpón:
La Junta da Galiza por Xose Manuel Baltar
17.06.2008 | 12:24
Outra fin de semana de portadas dos xornais con Anxo Quintana con sombreiro “panamá” bailando pasodobles –quen o diría!– logo dunha chocolatada pagada por esta inimitábel Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. A punto de “celebrar” os tres primeiros anos da “unión de feito” de socialistas e nacionalistas galegos que aínda non se puxeron de acordo nin en como lle chamar ao noso país. É certo que a única denominación lexítima é Galicia, para iso están as leis, pero Emilio Pérez Touriño non pode intervir neste debate porque é incompetente. Incompetente. Ten que limitarse a mirar para outro lado e asubiar. Desastroso. Ata aqui todo normal, vexamos a listaxe numerada de sospeitosas coincidencias cos textos do Galpón ( en azul, os textos galponianos).
Non importa que non aparezan as facturas da viaxe a La Habana, habelas hainas. E non falo do “anecdótico” da factura dos 400 mojitos (ou serán molliños?) ou da dos non sei cantos billetes de avión, en business class of course, da “embaixada” cultural que asistíu a esas xornadas de traballo en Varadero (perdón, Varadeiro).( 1º NACIONALISMO E BEBIDAS ESPIRITOSAS)
Touriño tamén pasa de puntas por outro episodio da “guerra dos carteis” (vai camiño de converterse nunha triloxia) ante as declaracións do comercio galego avogando pola liberdade á hora de rotular os seus negocios (a primeira parte fora cando Darth Losada (2º DÍA DO ORGULLO CORUÑO, home, non se refire o mesmo Losada, pero estrana asociación, por que de sobra é coñecido o apego a Antón Losada do Galpón: ANTÓN LOSADA DEVORANDO OS SEUS FILLOS) tivera aquel “incidente” coa policía autonómica).
A realidade é que Touriño (¿ou Tourinho?) compareceu para falarnos da súa derradeira viaxe a Sudamérica (a do cartelito con Zapatero e bandeiras socialistas xunguido ao seu posto institucional) e os escanos dos nacionalistas do goberno estaban baleiros…(3ºDÍA DAS LETRAS "GALLEGAS")
Agás Anxo, claro, supoño que con ganas de intervir para arremeter –como fixo o voceiro nacionalista– contra outro exercicio de demagoxia e de cinismo político practicado polo creador da língua con máis éxito nesta lexislatura: o touriñés.
Un touriñés que conta con vocablos tan ricos como “pisimismo”, “pasar holla”, “imposto de succións e donacións” ou “ustede” e “xacabeo”. Un touriñés que posúe unha verba específica para referirse á nosa terra. Nin a Galicia oficial, nin a Galiza ilegal nin mesmo a Gallaecia que figura na xenial vidriera de Díaz Pardo no hemiciclo da Cámara galega. O axeitado sería dicir, como xa se lle ten escoitado a Emilio Pérez, “Galucia”. Sí señor “La Xunta from Galucia”. Así estamos, asistindo cada novo día a polémicas estériles xeneradas por un bipartito que nin sabe dos problemas do país nin lles contesta (4º HUMOR...CON TOURIÑO?, aquí facíamos referenza cun famoso video sobre o "touriñés")
O GALPÓN DE BREOGÁN, NON SE FAI RESPONSABLE DE ESTRANAS COINCIDENCIAS COA REALIDADE !
O Rexente e familia.
<object width='425' height='350'><param name='movie' value='http://www.youtube.com/v/pb_w4VsSyaQ'></param><param name='wmode' value='transparent'></param><embed src='http://www.youtube.com/v/pb_w4VsSyaQ&rel=0' type='application/x-shockwave-flash' wmode='transparent' width='425' height='350'></embed></object>
O presidente da Deputación de Ourense fala de facer unha guerra de bases ( nesta nova ), no caso de que a dirección do PPdeG intente renovalo a el ou a súa directiva, como consecuencia do mal resultado nas pasadas xerais ( non pola súa política filantrópico-familiar, a ver que pensades ! ).
Para os descoñecedores, estos xeitos políticos tan maoístas, son o froito dun traballo reeducativo cultural, analizado brilantemente antes no Galpón de Breogán en: "Bandas de gaitas e dominación global" ," Informe CEFOU" e "Mamá eu de maior quero ser funcionario". Ademáis son a introducción pra entender as bases do derradeiro réxime boinil, e de como este mestre de aldea, ex-repartidor de gasesoa a domicilio chegou a acadar ese poder místico e absoluto.
O GdeB estos días, non sin perigo para as persoas, interceptou un dos panfletos que se están a repartir arestora polas vilas de Ourense, polas animadas bases:
( Traducción do barallete ao galego ) MENSAXE DO COMITÉ CENTRAL:
Canta xente desagradecida hai en Ourense ! Esta guerra da Boina-gaita contra o Birrete-CEFOU, repítese cada certo tempo ( Primeiro con Cuiña, logo Cacharro )...Pero unha vez máis serán derrotados polo noso líder, desta vez debemos de facer un novo Ourense, hai que reeducar os desleais o réxime e madálos de funcionarios lonxe.
Os nosos leais do rural baixarán dos montes o ritmo das súas bandas de gaitas, e esnaquizarán museos, salas de exposicións, facultade por facultade, centro comercial por centro comercial, bufete por bufete... Como traicionan o amor do noso pai !...Debemos gañar a derradeira batalla ! Viva Ourense eo noso líder !
Supoñemos que trala previsible demostración de forza das bases, como ten acontecido noutros capitulos das guerras tribais ourensáns, Baltar voltará a por orde porque...El sempre acada o que quere do PP, porque o PP foi a el, e non el foi o PP, ou é que agora será diferente ?
Anything you want  you got it ,  anything you need you got it,
anything at all you got it ,    baby...
por Moi Xordo
Resulta difícil confesar cando sabes que te están axexando dende todas as esquinas deste cuarto escuro. Escribo dende o máis fondo do arquivo da Deputación de Ourense, dende unha rexión onde confío estar protexido dos meus compañeiros do CEFOU (Corpo de Élite de Funcionarios Ourensáns). Por sorte, collo o wi-fi. Agora só preciso tempo para que todos os lectores do Galpón de Breogán poidan coñecer... por fin... as engranaxes secretas do CEFOU...
Como xa apuntaran no Galpón, a Provincia de Ourense sufriu un illamento secular que a alonxou das sociedades baseadas no dereito romano. Hai moito que a súa estrutura está artellada en clans, mais a chegada da democracia fíxoa mutar nun modelo de castas, creado polo Cacique vencedor das guerras ancestrais destes lares. “O Sistema” serviu durante anos para superar as loitas clánicas e darlle á Provincia a apariencia de ter superado esa antiga organización tribal. Na actualidade, esas serían as tres castas:
1. Traballadores da Deputación (A Deputación é o órgano máximo de goberno e está presidido polo Caudillo Invicto): Esta casta trasmítese de pais a fillos e, amais da súa inxente remuneración, dá dereito a poder ser Alcalde ou Concelleiro dos distintos Concellos da Provincia, polo que os intereses destes e da Deputación son sempre os mesmos. Esta é unha de tantas mostras da perfección do Sistema e da inventiva ourensá, que reforza a idea da influenza do CEFOU nas engranaxes estatais.
2. Traballadores dos Concellos: elexidos polos anteriores, os cargos son vitalicios aínda que durante séculos se trasmitiron de pais a fillos. A súa escaseza nos últimos anos fixo que se outorgasen por un sistema de mérito que consiste na capacidade do candidato/a de achegar “vontades” á causa. Estas duas primeiras castas son as únicas que teñen asegurada a vida e a continuidade no clan dentro do territorio.
3. Os Outros Funcionarios
a/ Retornados: Hainos capaces de integrarse nas castas superiores, mais tamén hai outros, ovellas negras, que caen na contaminación de ideoloxías extranxeiras por mor do seu periplo polas diferentes administracións estatais.
Distínguense tres grupos de descarriados: sexan Marxistas-Leninistas-Batasunos-relacionados-cos-atentados-do-11-M, sexan Socialistas-Republicanos-Ateos-moi-amigos-de-brutais-dictadores-coma-Fidel-Castro-e-Chávez (tamén coñecidos como pertencentes ao clan opositor dos “pachis quercuicituni”), ou sexan afiliados a outro dos clans rebeldes que non ceden ante o Gran Khan, os “alarici quintaneche”.
Estas afiliacións indebidas representan a única ameaza posíbel para o sistema de castas e é precisamente para paliar a súa influenza polo que se creou no seu día o CEFOU. Ao comezo, esta organización naceu como unha inocente madrasa na que entrenar aos futuros membros das castas superiores, ofrecéndolles a posibilidade de ter descendencia no territorio, un privilexio reservado só para os elexidos, pero que co tempo se convertirá nunha peza fundamental do Sistema.
b/ “Estranxeiros”: estes últimos, influenciados por estrañas ideas foráneas como “Democracia” “Liberdade” “Igualdade” ou “Socialismo”, descoñecen os costumes ascentrais e a lei da sangue, polo que nunca se poden adaptar ao Sistema e andan desorientados en grupos erráticos polos chamados bares de rock’n’roll. En troques, máis fortuna teñen os procedentes das terras casteláns e das diferentes congregacións educativas relixiosas, gozando de gran prestixio e aceptación no Sistema, inspirando coas súas ideas ao Gran Líder e a parte dos seus acólitos, chamados “birretes”.
Os demais habitantes da Provincia caracterízanse por NON ser Funcionarios Locais. Artéllanse en diversos e complexos grupos que teñen todos eles en común NON ter dereito a paticipar na toma de decisións e NON ter dereito a vivir no territorio durante toda a súa vida. Obrigados a emigrar, algúns voltan e outros non. Iso si, teñen dereito ás súas propiedades (podes non ter traballo, pero de comunismo, nada)
Escoito ruídos, remexer entre papeis, mellor será que deixe de escribir, que non respire, non sexa que me vaian atopar. Quizais o vindeiro sábado poida volver refuxiarme arredado das ameazas. Restan aínda moitas confidencias por facer.
CONTINUARÁ...